Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

I Xornada RedeTELGalicia


5 de Decembro de 2012, 10:00 - 19:30

Ponente invitado: Javier Torrente Vigil, Universidad Complutense de Madrid

Tema: E-adventure (http://e-adventure.e-ucm.es/)


A prataforma eAdventure é un proxecto de investigación que aspira a facilita-la integración de xogos educativos e simulacións baseadas en xogos en procesos educativos en xeral e Entornos Virtuais de Aprendizaxe (VLE) en particular. Está sendo desenrolado baixo o protectorado do grupo e-UCM na Universidade Complutense de Madrid, con tres obxectivos principais:

  • Reducción dos costes de desenrolo para xogos educativos.
  • Incorporación de características educativas específicas en ferramentas de desenrolo de xogos.
  • Integración dos xogos resultantes con material educativo no contexto dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe.


Dende esta website é noso desexo promove-lo uso das ferramentas desenroladas como parte do proxecto eAdventure. O núcleo do proxecto eAdventure é o editor de xogos educativos eAdventure que executa xogos definidos utilizando a linguaxe eAdventure. Os autores poden usa-lo editor gráfico para crear xogos, ou accesar directamente ós documentos fonte que describen as aventuras utilizando unha linguaxe de marcado XML. Con  eAdventure, calqueira persoa pode escribir un videoxogo educativo point & click.

Programa

10:00-13:00 Presentación E-adventure. Aplicabilidade en educación primaria e secundaria

13:00-15:00 Comida (comedor de teleco-minas)

15:00-17:00 Presentacións grupos. 30 minutos para cada grupo

  • 1. Grupo CESGA
  • 2. Grupo TE
  • 3. Grupo CP2
  • 4. Grupo E.I.D.E.

17:00-17:30 Pausa café

17:30-19:30 Continuación presentacións grupos. 30 minutos por cada grupo

  • 5. Grupo ET1-GIST
  • 6. Grupo GSI
  • 7. Grupo IA1-COLE
  • 8. Grupo Stellae


O evento terá lugar na aula de graos da Escola de Telecomunicación.

Información adicional