Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

Grupo Stellae

O grupo dispón dun local no ámbito da Facultade de Ciencias da educación, o que lle permite ter aloxada a infraestructura mínima para funcionar como grupo de investigación consolidado. Dispon dun servidor propio instalado na USC, que ten como misión o sostenimento das actividades que o grupo desenvolve (portal do grupo, laboratorio e experimentación de recursos e entornos de ensino e aprendizaxe virtuales, comunicación interna do grupo, etc.). Todos os membros dispoñen de recursos técnicos necesarios para o traballo de investigación a desenvolver (ordenadores de sobremesa, portátiles, cámaras de vídeo, cámaras de fotos, grabadoras, cañones de video, tablets, etc.), se ben algúns destes van necesitando renovación.


Traxectoria

O Grupo de Investigación Stellae (GI-1439 da USC), nace a principios de 1997. Está composto por un conxunto de investigadores e investigadoras da educación interesados en construír un coñecemento con potencialidade para transformar as prácticas das institucións educativas na dirección da mellora dos seus procesos de ensino, aprendizaxe, formación e desenvolvemento dos seus profesionais.

O grupo pasou por varias fases. Unha primeira, de desenvolvemento, entre 1997-1999, caracterizada pola realización de teses doutorais e a conquista da estabilidade profesional. Neste período obtivemos o noso primeiro proxecto de investigación sobre “As contribucións das institucións á profesionalización dos profesores: estudo das súas características en Galicia” (1996 -1999). A obtención en 1998 dun proxecto do Programa Alfa da Comisión europea, supuxo un aliciente para o crecemento do grupo e a súa proxección a outros grupos, universidades e países.

A consecución do terceiro proxecto de investigación “A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento organizativo e profesional dos centros educativos. Estudo da situación en Galicia” (2001-2004), caracteriza a fase de consolidación do grupo. Momento tamén para a apertura a novos membros, a realización do Máster DIME, primeiro máster da USC blended-learning (2000-2003), e a obtención doutros proxectos en convocatorias de I +D+ i de carácter nacional e autonómico.



Desde o ano 2007, coordinan varios proxectos do Programa de Cooperación Interuniversitaria e Investigación Científica da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), en colaboración con diversas universidades latinoamericanas de Chile, Bolivia e Arxentina, centrados na temática da integración das TIC no ámbito universitario. Neste marco creamos a Rede Unisic (Universidade para a sociedade do coñecemento).



Os últimos proxectos obtidos estiveron focalizados no estudo da incorporación das TIC ao ensino na universidade e noutros niveis educativos, o desenvolvemento de contornas de ensino e aprendizaxe mediados por TIC e a análise do seu impacto no desenvolvemento profesional, organizativo e curricular

Información adicional