Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

Learning Resource Exchange Group

EUN é unha rede de 30 Ministerios de Educación en Europa. Esta institución foi creada fai 15 anos co obxetivo de levar innovación ao ensino e á aprendizaxe en escolas, profesores e investigadores.

As actividades da EUN divídense en tres áreas de traballo:

  • Políticas, investigación e innovación. Nesta área tratan de demostrar como as TICs poden axudar a cambiar o ensino e a aprendizaxe. Para elo identifican evidencias, boas prácticas e prioridades que van aparecendo na educación en Europa.
  • Escolas e servizos. EUN ten establecido unha posición extratéxica como unha plataforma europea para que as escolas consigan unha utilización efectiva das tecnoloxías no ensino e na aprendizaxe, promovendo unha dimensión europea na educación, desenvolvendo novas aproximacións pedagóxicas e equipando aos profesores e aos alumnos con novas habilidades e elevando o interés en materias como matemáticas, ciencias e tecnoloxía.
  • Intercambio e interoperabilidade de recursos educativos. EUN leva activo no campo dos recursos educativos abertos (OER) máis dunha década. Desenvolveu o servicio LRE que a día de hoxe permite que as escolas procuren en máis de 240.000 recursos OER de máis de 40 proveedores de contidos. A evolución do LRE foi apoiada por varios proxectos financiados pola Comisión Europea como ASPECT, CELEBRATE, CALIBRATE e MEL.

 

Información adicional