Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

IA1-COLE: Compiladores y Lenguajes

O grupo COLE repártese entre dous centros da Universidade de Vigo, a Escola Superior de Enxeñería en Informática (ESEI) e a Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT).

Na Escola de Enxeñería en Informática o grupo concentra no Laboratorio de Computación da planta terceira do Edificio Politécnico do Campus de Ourense, os recursos informáticos de maior complexidade loxística, o que inclúe dous servidores HP Proliant de gran capacidade, así como de outros medios necesarios pra garantir a actividade investigadora (servidores de back-up, impresoras e escáneres de alta resolución, etc.). Isto garante o seu mantemento polos mesmos membros do grupo e a dispoñibilidade pro conxunto nos dous Campus (Ourense e Vigo).

Pola súa parte o grupo dispón na Facultade de Filoloxía e Tradución do Campus de Vigo de toda a infraestrutura de usuario necesaria o seu traballo (impresoras e escáneres de alta cadencia e resolución, e  servidores de disco local), incluíndo tamén unha sala pro traballo dos bolseiros. O acceso os servidores sitos no Laboratorio de Computación do grupo no Campus de Ourense está garantido pola rede de alta capacidade RECETGA. Todo los profesores, investigadores contratados e bolseiros dispoñen de portátiles, pantallas de alta resolución de 24” e PCs de sobremesa servindo de servidores pra servizos locais, o que garante o acceso telemático dos membros do grupo en calquera momento e lugar. O acceso faise extensible a toda unha gama de software específico pro desenvolvemento da nosa actividade (unha biblioteca de corpus en diferentes linguas e temáticas, xeradores de corpus, contornos de tradución automática, ...) residen de xeito indiferente tanto na ESEI coma na FFT.


Traxectoria

A actividade e interese do grupo COLE no ámbito do e-learning encadrase no desenvolvemento de tecnoloxía de base para o análise de textos tanto a nivel léxico, como sintáctico e semántico. Este tipo de algoritmos posúen un impacto innegable tanto na natureza e capacidades das propias aplicacións como no soporte dos procesos de ensino e aprendizaxe, este último mais asociable a unha perspectiva de usuario que de mero desenvolvemento.

O grupo mantén unha presenza relevante no deseño de etiquetadores (analizadores léxicos) tanto pra linguaxes de morfoloxía complexa como pra idiomas con escasos recursos de adestramento, introducindo neste derradeiro caso un modelo formal de estimación de confianza no proceso. A nivel sintáctico o grupo posúe experiencia contrastable no tratamento de todo tipo de gramáticas e linguaxes, dende as clásicas independentes do contexto ata as de cláusulas definidas, pasando po lo amplo abanico das gramáticas e linguaxes suavemente sensibles o contexto nas que a  actividade do grupo ten acadado un especial recoñecemento. Os modelos suavemente sensibles o contexto merecen unha mención especial por canto a súa adaptabilidade o análise da linguaxe humana  combina potencia de tratamento, flexibilidade de uso e unhas complexidades temporal e espacial asumibles.

Consolidados os aspectos léxico e sintáctico, o traballo do grupo continúa a abondar nestas liñas de investigación cun obxectivo que agora se orienta cara o tratamento semántico do texto. Mais concretamente, o interese abarca tanto a extracción de coñecemento como a súa representación e avaliación activa mediante a xeración automática de estruturas ontolóxicas. En particular, isto implica a capacidade efectiva de estimar expresións non só a nivel léxico (como se adoita facer) ou mesmo sintáctico (como fan rudimentariamente algúns sistemas), senón tamén a nivel puramente semántico. A actividade do grupo estende estes traballos o dominio multi e interlingüe, propoñendo solucións no ámbito da localización, clasificación e recuperación de datos.

En conxunto, e en relación co e-learning, entendemos que este tipo de capacidades abre un amplo campo de posibilidades no ámbito dos contornos de diálogo, interfaces, xeración e xestión de contidos.

Información adicional