Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

GSI: Grupo de Sistemas Intelixentes

A totalidade do GSI forma parte do CITIUS (Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información), e polo tanto, pode facer uso de toda a infraestructura de investigación co que está dotado. Así, dispón de tres laboratorios que permitirán desenvolver aquelas actividades que requiran dunha infraestrutura diferenciada. Concretamente, e para a temática da rede TelGalicia é especialmente interesante o laboratorio de contidos dixitais (Media Lab), que consta de una estancia acondicionada para a experimentación na interacción persoa-computadora.

Por outra parte, ademáis de dispoñer de equipos de traballo personal para cada investigador o CITIUS dispón dun clúster de computación de altas prestacións, que permitirá ampliar as capacidades dos sistemas actuais para ofrecer novos servizos baseados en tecnoloxía nube e en computación paralela e distribuída.

Traxectoria

As principais liñas de investigación do grupo no ámbito desta rede son:

  • Deseño da aprendizaxe. O obxectivo de GSI nesta liña de investigación consiste na creación de modelos baseados en ontoloxías para a representación formal de fluxos de aprendizaxe adaptativos e personalizados nos que se coordinan as actividades educativas que deberán ser realizadas polos profesores e alumnos ao longo dun curso. Máis concretamente, nesta liña de investigación desenvolveuse un motor baseado en tecnoloxías semánticas para a execución de fluxos de aprendizaxe que seguen a especificación IMS LD. Este motor, denominado OPENET4LD, representa cada un dos elementos do fluxo de aprendizaxe IMS LD a través dun conxunto de redes de Petri xerárquicas que modelan formalmente o seu comportamento e que verifican as propiedades que debe cumprir un fluxo de traballo para garantir a súa correcta execución.
  • Análise da aprendizaxe (learning analytics). O obxectivo de GSI nesta liña de investigación consiste no desenvolvemento de ferramentas que faciliten ao profesor a análise do deseño da aprendizaxe asociada a un curso. Así, considerando unicamente os rexistros de actividade das plataformas virtuais de aprendizaxe (como Moodle) desenvolveranse algoritmos intelixentes nos que se hibridarán técnicas de soft computing con técnicas de minería de procesos.
  • Datos enlazados en e-learning (learning linked data). O obxectivo de GSI nesta liña de investigación consiste no desenvolvemento de algoritmos intelixentes nos que se hibridan técnicas de soft computing con tecnoloxías semánticas para publicar e consumir contidos educativos seguindo os principios dos datos enlazados (linked data).

 

Información adicional