Grupo ET1-GIST
O grupo de investigación ET1-GIST desenvolve a súa actividade na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
A actividade investigadora do grupo céntrase principalmente nos seguintes campos:
- Aprendizaxe electrónica: estandarización, arquitecturas, sistemas de búsqueda, modelado, sistemas basados en semántica, etc.
- Administración electrónica
- Tecnoloxías Web
- Tecnoloxías da Web semántica
Traxectoria
A experiencia no ámbito do e-learning remóntase ao ano 1995 no que realiza o proxecto ASTRO para a Axencia Espacial Europea un dos primeiros sistemas de aprendizaxe electrónica para a web. Dende entón, á marxe da súa participación en proxectos competitivos de convocatorias autonómicas, nacionais e internacionais, destaca a súa actividade de colaboración e transferencia co mundo empresarial. Contan xa con máis de 4 millóns de euros facturados en actividades de I+D+i e máis de 80 contratos con empresas e institucións, estando entre os tres grupos máis activos da Universidade de Vigo tanto por transferencia tecnolóxica como por produción científica.
Dende o ano 2001 son unha referencia a nivel europeo no sector da estandarización das TIC aplicadas ao ámbito educativo. Este grupo foi o responsable do deseño e operación do Learning Technology Standards Observatory (LTSO) http://www.cen-ltso.net financiado polo Comité Europeo de Normalización e xa con máis de 2,3 millón de visitas e participou en proxectos europeos do programa marco vinculados ao uso das TIC na educación como LIFE, ASPECT ou o recentemente aprobado iTEC que dará comezo en setembro de 2010.
Dirección postal:
E.E. Telecomunicación
C/ Maxwell S/N
Campus Universitario Lagoas-Marcosende
36310 Vigo
España
Localización xeográfica (ver mapa):
- Lat: +42.170151
- Lon: -8.688067