Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

eLearning: aprendizaje informal, ubicuo y personalizado

O grupo da UNIR é un grupo que se creou recentemente no seo da UNIR que xurdiu no 2008. Esta universidade diríxese a profesionais que xa se atopan traballando e que necesitan completar a súa educación universitaria, ben empezando uns novos estudos ou continuando estudos universitarios previos que non puideron ser completados antes. En calquera caso ofrécese unha oferta educativa a distancia.

Este grupo de investigación está liderado por Daniel Burgos, investigador co que o grupo GIST que coordina esta rede mantivo colaboracións anteriores durante a súa etapa en ATOS Origin. Daniel é profesor de Ensino Mellorado por Tecnoloxía na UNIR. Anteriormente traballou na Open University of the Netherlands (2004-2008) como investigador e profesor asistente de tecnoloxía educativa. Os seus intereses céntranse no e-learning adaptativo, especificaciones de e-learning, redes de aprendizaxe e sociais, xogos educativos, etc. participou en numerosos proxectos europeos, como Stellar, Grapple, Unfold, Learning Network for Learning Design, ProLearn, TenCompetence, EU4ALL, Grapple, NiHao, Kaleidoscope, Suma, Sister, ComeIn, etc. escribiu 13 libros docentes sobre Multimedia e Internet, máis de 100 artigos en revistas, conferencias e outros medios.

Información adicional