Grupo de e-learning
O CESGA dispón de infraestruturas avanzadas destinadas a incrementar a capacidade investigadora da comunidade científica. A alta calidade das infraestruturas dispoñibles, así como a súa singularidade no conxunto do Estado Español, motivaron o recoñecemento da instalación como Infraestuctura Científico Tecnolóxica Singular de España (ICTS). As infraestruturas máis significativas están destinadas a proporcionar grandes potencias de cálculo computacional en contornas cientifico-tecnolóxicos por medio de diferentes arquitecturas, así como as redes avanzadas de comunicacións que permiten á comunidade científica galega acceder ás redes académico-cientificas nacionais e internacionais por medio de grandes anchos de banda. Existen tamén outras infraestruturas relacionadas coas tecnoloxías da información que porporcionan unha ampla variedade de servizos complementarios.
Traxectoria
A área de e-learning do CESGA traballa principalmente en proxectos de investigación relacionados coas novas tecnoloxías e os diferentes procesos de ensino e aprendizaxe, a promoción e difusión das Tecnoloxías da Información e Comunicacións aplicadas á educación no ámbito da investigación, as institucións educativas e a sociedade. Esta área foi creada en 1996, e desde entón, participamos en máis de 30 proxectos de investigación e innovación relacionados.
Os servizos que o CESGA ofrécelles aos seus usuarios/as no ámbito do e-learning e colaboración, son:
Asesoramento: Deseño, implementación e avaliación de proxectos de e-Learning:
Estes servizos pódense clasificar en:
- Análise dos requisitos iniciais da proposta.
- Deseño de solucións tecnolóxicas adaptadas a estes requisitos.
- Realización de probas destinadas a testear as solucións propostas.
- Seguimento e asistencia técnica na fase de execución do proxecto
Solucións técnicas de e-learning:
- Sistema de Xestión da Aprendizaxe (LMS) "Aula CESGA"
- Sistemas de Videoconferencia e e-colaboración avanzados
Formación personalizada sobre tecnoloxías e solucións de e-learning:
- Cursos de formación, participación en propostas formativas
Creación de Material didáctico