Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

ICT-Go-Girls!

O obxectivo do proxecto "ICT-Go-Girls!" é o fomento do emprendemento entre rapazas de secundaria a través das TIC. É un proxecto realmente interesante, deseñado polo grupo de e-Learning do CESGA, no que participan 7 institucións de 5 países: Alemania (Instituto Franhofer IAO), Austria (Die Berater e Universidade do Danubio), Polonia (Universidade de Xestión en Lodz), Bélxica (CVO Antwerpen), e España (CESGA e USC).

MOVE IT (Mobilising Opportunities in Vocational Education with Innovative Technologies)

Utilizar unha metodoloxía efectiva e innovadora de e-learning que incorpore as tecnoloxías móbiles para mellorar a formación de novos estudantes e traballadores no rural é o eixo do proxecto europeo MOVE IT (Mobilising Opportunities in Vocational Education with Innovative Technologies), que ten como os seus destinatarios a mozos de entre 16 e 24 anos.

A plataforma tecnolóxica será deseñada desde o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), que conta cunha experiencia de case dúas décadas no campo da teleformación, e que formará no seu uso ao profesorado do centro líder do proxecto, o Myerscough College (Reino Unido), así como do Innovatie Praktijk Centrum Groene Ruimte BV (Holanda), Rural Institute of Central Ostrobothnia (Finlandia) e Asociatia pentru Educatie Permanenta (Romanía).

Este proxecto segue unha liña de investigación comezada no CESGA en 1998 sobre a aplicación das novas tecnoloxías para a mellora do ensino e a colaboración no rural, tanto a nivel de educación formal -proxectos A Ponte (1999), proxecto Escola Rural e Educación na Nube (2010), Rede de Escolas na Nube (2012)- como de formación para traballadores (Proxecto Metafor, 2001).

No proxecto MoveIT, o CESGA participa como institución transferidora de tecnoloxía, debido á súa exitosa experiencia e achega de solucións de e-learning noutros proxectos europeos, como o YES (Youth Employment Support, Apoio ao Emprego Xuvenil).

O CESGA transferirá despois a tecnoloxía e as ferramentas tecnolóxicas idóneas para que a plataforma poida ser empregada en proxectos de e-learning desas institucións, ata logo de setembro de 2014, cando acabará o proxecto.

Pode atopar máis información sobre o proxecto aquí.

Red de Escuelas en la Nube

O Centro de Supercomputación de Galicia e a empresa galega Balidea Consulting and Programming están colaborando no deseño, desenvolvemento e implementación dunha "Red de Escuelas en la Nube" baseada nas tecnoloxías e formas de traballo na nube (computación cloud).

Este proxecto de innovación educativa conta co apoio da Xunta de Galicia. O proxecto continúa o camiño empezado polo proxecto de investigación "Rural Schools  & Cloud Computing", e empeza no curso 2012 coa participación de 22 escolas rurais, agrupadas en 4 C.R.A. (Colexio Rural Agrupado) de Galicia.

Pode atopar máis información sobre o proxecto aquí.

Información adicional