Invitámoste a navegar por Edu-AREA para que a experimentes e, se es profesor, podes colaborar a desenvolvela:

Tamén dispós da App en Google Play:



Disponible en Google Play

educaBarrié

E se puxeramos todos os recursos dos que dispón a Fundación Barrié ao servizo da comunidade educativa? E se lles facilitásemos o acceso a pais, alumnos e profesionais do ensino ás nosas actividades? E se propiciásemos accións e proxectos a partir da valiosa iniciativa dos profesores? E se creásemos accións propias e específicas do ámbito educativo utilizando os nosos recursos? Falamos de establecer un espazo común e punto de encontro e intercambio de actividades e propostas, onde o talento e o coñecemento, conxugado con valores, fora un territorio común onde nos atopamos para crecer.

 

 

Pode atopar máis información sobre esta iniciativa aquí.

Observatorio Galego do e-learning

O Observatorio galego de e-learning ten como obxectivo a monitorización e avaliación do uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación no ámbito da educación e a formación en Galicia, mediante a identificación, catalogación e análise das prácticas existentes, servicios dispoñibles, axentes públicos e privados que desenvolven un labor no campo da investigación e innovación na área de e-Learning en Galicia.

Asemade, o Observatorio pretende ser un espacio común e punto de encontro para o intercambio de información sobre experiencias innovadoras, acerca de metodoloxías de ensino-aprendizaxe con TIC, sobre tecnoloxías de última xeración, etc. entre profesionais, expertos e investigadores en e-learning en Galicia.

Pode atopar máis información sobre esta iniciativa aquí.

 

Proyecta

 

Pode atopar máis información sobre esta iniciativa aquí.

Información adicional