- Detalles
- Publicado o Luns, 25 Febreiro 2013 07:50
I Xornada RedeTELGalicia
5 de Decembro de 2012, 10:00 - 19:30
Ponente invitado: Javier Torrente Vigil, Universidad Complutense de Madrid
Tema: E-adventure (http://e-adventure.e-ucm.es/)
A prataforma eAdventure é un proxecto de investigación que aspira a facilita-la integración de xogos educativos e simulacións baseadas en xogos en procesos educativos en xeral e Entornos Virtuais de Aprendizaxe (VLE) en particular. Está sendo desenrolado baixo o protectorado do grupo e-UCM na Universidade Complutense de Madrid, con tres obxectivos principais:
- Reducción dos costes de desenrolo para xogos educativos.
- Incorporación de características educativas específicas en ferramentas de desenrolo de xogos.
- Integración dos xogos resultantes con material educativo no contexto dos Entornos Virtuais de Aprendizaxe.
Dende esta website é noso desexo promove-lo uso das ferramentas desenroladas como parte do proxecto eAdventure. O núcleo do proxecto eAdventure é o editor de xogos educativos eAdventure que executa xogos definidos utilizando a linguaxe eAdventure. Os autores poden usa-lo editor gráfico para crear xogos, ou accesar directamente ós documentos fonte que describen as aventuras utilizando unha linguaxe de marcado XML. Con eAdventure, calqueira persoa pode escribir un videoxogo educativo point & click.