- Detalles
- Publicado o Mércores, 21 Novembro 2012 11:46
eMadrid Seminar on “Electronic Textbooks”
O día 16 de novembro pasado celebrouse o evento eMadrid Seminar on “Electronic Textbooks”, organizado por eMadrid Network no UC3M Science Park Building da Universidad Carlos III de Madrid.
eMadrid é un programa de I+D que comprende grupos de investigación de diferentes universidades de Madrid. Foi fundado pola Comunidade de Madrid, e promove a investigación e o desenvolvemento do Technology-Enhanced Learning.
Coordinado pola Universidad Carlos III de Madrid, eMadrid inclue á Universidad Autónoma, Universidad Complutense, Universidad Politécnica, Universidad Rey Juan Carlos, e Universidad de Educación a Distancia UNED como membros de pleno dereito, e tamén comprende outras universidades, compañías e entidades relacionadas.
Pode atopar máis información neste enlace.