OBRADOIRO DE PROTOTIPADO SOBRE A APLICACIÓN EDUAREA
DATA : 12 Novembro 2015
LUGAR: Escola de Telecomunicacións – Universidade de Vigo
Edu-AREA é unha aplicación para a innovación docente da RedeTELGALICIA (Technology – Enhanced Learning Galicia) na que participa a Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. Tendo coma obxectivo facilitar e mellorar o uso das TICS na aula e o seu aproveitamento pedagóxico, a través de Edu-AREA os profesores poden desenvolver as súas unidades didácticas e ofrecer e compartir recursos educativos, experiencias, e información sobre propostas de ensino de referencia. É todo dun xeito gratuito e aberto.
Para coñecer a usabilidade e as potenciais aplicacións de Edu-AREA traballamos cunha metodoloxía “Service Design”, que tamén pode ser replicada na aula en contextos de aprendizaxe colaborativo.
Para iso, precisamos da colaboración de docentes que, coma nós, estén interesados na innovación educativa. Se estás interesado en participar neste Obradoiro, inscríbete en:
Todos os participantes recibirán un certificado de asistencia.
Axenda:
16:30 – 17:00 Benvida aos asistentes e presentación da aplicación Edu-AREA
17:00 – 17:10 Formación de equipos de traballo
17:10 – 18:15 Desenvolvemento dun caso práctico para testear e validar a aplicación Edu-AREA
18:15 – 18:30 Café
18:30 – 20:30 Sesión de traballo en grupo: presentación e aplicación da metodoloxía Service Design
Primeira Experiencia Piloto con AREA
Organizada polo Grupo Stellae
Reunión celebrada o 6/6/2013
Participantes grupo Stellae: Adriana Gewerc, Lola Sanz, Fernando Fraga e Almudena Alonso
Participantes grupo GIST: Manuel Caeiro, Roberto Pérez e Javier García
Outros participantes: 9 mestres de educación primaria e secundaria de colexios de Santiago de Compostela e arredores
Nesta sesión presentamos a AREA en canto ao seu propósito e as funcionalidades proporcionadas. Despois da presentación desenvolveuse un debate/coloquio valorando as posibilidades e o interese desta aplicación.
Sesión de traballo en Santiago co Grupo Stellae sobre la plataforma AREA: Actividades e Recursos Educativos Aberto.
Reunión celebrada o 25/4/2013
Participantes: Adriana Gewerc, Fernando Fraga, Almudena Alonso e Manuel Caeiro.
Nesta sesión continuamos valorando o desenvolvemento da plataforma AREA. Entre outras cuestións analizouse a integración de WebQuest como outro modelo de actividade alternativo a iTEC
Sesión de traballo en Santiago co Grupo Stellae sobre la plataforma AREA: Actividades e Recursos Educativos Abertos
Reunión celebrada o 28/2/2013
Participantes: Adriana Gewerc, Lola Sanz, Fernando Fraga, Almudena Alonso e Manuel Caeiro.
Nesta sesión presentamos a idea de AREA e valoramos as necesidades do profesorado de primaria e secundaria que se poden cubrir con este tipo de aplicación