Benvidos
RedeTELGalicia é unha rede de investigación sobre innovación educativa con TIC. Esta rede xurde en 2012 do interés común de varios grupos de investigación (tanto de Galicia como do resto de Europa) sobre a aplicación de novas tecnoloxías baseadas nas TIC e en novas propostas pedagóxicas na educación primaria e secundaria.
O obxetivo principal de RedeTELGalicia é contribuir a mellorar o ensino e a aprendizaxe a través da innovación con novas pedagoxías e tecnoloxías. Trátase por unha banda de promover unha utilización máis axeitada dos novos recursos tecnolóxicos dispoñibles (pizarras dixitais, tablets, etc.) de xeito que se faga un mellor aproveitamento de tódalas súas potencialidades. Por outra banda tamén se pretende ofrecer prácticas educativas innovadoras que involucren non só a estes novos tipos de recursos tecnolóxicos, senón tamén cambios nas pedagoxías mesmas, de xeito que se consiga unha participación máis activa e implicada dos alumnos.
Os grupos de investigación de RedeTELGalicia teñen experiencia nestes campos ainda que de forma separada. Neste senso, a rede plantéxase como unha oportunidade para compartir os seus resultados e iniciar colaboracións. De forma especial, RedeTELGalicia tamén conta coa a participación de grupos de investigación de e-learning que son unha referencia a nivel europeo que nos permitirán explorar novas ideas.
Contacto: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.